Home / Cultura / O Padroado da Cultura de Narón destina 50.000 euros á Asociación Sementeira para impartir clases de solfexo e de instrumento

O Padroado da Cultura de Narón destina 50.000 euros á Asociación Sementeira para impartir clases de solfexo e de instrumento

FERROL360 | Mércores 20 abril 2016 | 10:56

O presidente do Padroado da Cultura de Narón, José Manuel Blanco, e o seu homólogo na Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón, Manuel Rodríguez, asinaron este martes un convenio de colaboración para impartir clases de solfexo e de instrumento no municipio.

A aportación económica acada os 50.000 euros, 5.000 euros máis ca no anterior. Ademais desta achega á entidade cultural, o Padroado cederá novos instrumentos, que deberán conservarse en bo estado. Pola súa parte, Sementeira comprométese a impartir clases de solfexo e de instrumentos de vento e percusión de primeiro a quinto nivel; a manter a actividade das bandas de música –A Xove Banda de Narón e a Banda Infantil Sementeira– e a realizar dez concertos anuais no municipio. O convenio expira o 31 de decembro deste ano.

XIII Encontro de Bandas de Música

Un dos concertos que desenvolverá Sementeira próximamente terá lugar o sábado, día 23, no marco do XIII Encontro de Bandas de Música, que comezará ás 19:30 horas no Pazo da Cultura. Neste evento participarán a Banda de Música Sementeira de Cambre; a Banda de Música Municipal de Brión e a Xove Banda de Narón.

 

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies