Home / Cultura / O Padroado da Cultura expón instrumentos de música tradicional galega nunhas xornadas do CIFP Ferrolterra

O Padroado da Cultura expón instrumentos de música tradicional galega nunhas xornadas do CIFP Ferrolterra

FERROL360 | Xoves 21 abril 2016 | 16:55

Unha trintena de instrumentos de música tradicional galega realizados polo alumnado dos Obradoiros de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos, que se imparten a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón, exhíbense no CIFP Ferrolterra, en Ferrol.

A mostra enmárcase nas XXII Xornadas Técnicas Nacionais do Profesorado de Madeira e Moble, organizadas polo centro educativo ata este sábado, en colaboración con diversas entidades, entre elas o Padroado da Cultura de Narón. En todo caso, a exposición poderá visitarse ata o vindeiro 3 de maio.

Pandeiretas, pandeiros, pandeiras, bombos –un deles, o de maior tamaño, cun debuxo do muíño de Xuvia-, charrascos, trécolas, culleres e tambores son algúns dos instrumentos que se poden ver nesta mostra. Unha parte dos mesmos realizouse este ano, se ben outros xa os fixo alumnado de cursos anteriores.

O Obradoiro de Construción de Instrumentos Tradicionais Galegos do Padroado da Cultura ten neste curso un total de 63 alumnos e alumnas, todos eles maiores de dezaséis anos, requisito imprescindible para poder asistir. As clases impártense os martes, mércores e venres polas tardes e os sábados todo o día entre os meses de outubro e xuño.

O profesor Emilio Romero está á fronte deste obradoiro desde hai dezaséis anos, se ben as clases impártense desde o ano 1996 a través do Padroado da Cultura do Concello de Narón, cunha gran aceptación entre a veciñanza.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies