Home / Ferrol / Narón / O Parque fluvial de Freixeiro acolle este domingo a III Festa Infantil Cidade de Narón

O Parque fluvial de Freixeiro acolle este domingo a III Festa Infantil Cidade de Narón

FERROL360 | Xoves 1 setembro 2016 | 14:58

A terceira edición da Festa Infantil Cidade de Narón terá lugar este domingo no Parque fluvial de Freixeiro. Os nenos poderán gozar dunha gran variedade de actividades de balde organizadas polo Concello e a empresa La Guagua.

O evento desenvolverase en horario de 12:00 a 14:00 e desde as 16:00 ata as 20:00 horas. A concelleira de Festas, Mar Gómez, animou aos veciños a sumarse a esta convocatoria lúdica e cun apartado didáctico a través de varios obradoiros pensados para o público infantil e nos que tamén poderán implicarse as persoas maiores.

Ao longo da mañá e da tarde haberá unha serie de actividades e atraccións permanentes, como inchables –dous deles serán acuáticos e dous secos, cun específico para menores de tres anos-, touro mecánico, camas elásticas, obradoiros de globoflexia, maquillaxe e pompeiros –para facer pompas de xabón- e tobogáns acuáticos, entre outras.

Así mesmo, permanecerá operativo un circuíto de karts que se instalará no parque para a ocasión. O programa inclúe ademáis unha xinkana de habilidades, a partir das 12:00, na que se desenvolverán varias actividades, unha delas cunhas ‘gafas idiotizadoras’ que distorsionan a visión, e un pequeno musical: Lúa en Vila dos libros, ás 13:00 horas.

Xa pola tarde, ás 16:30 comenzará o CantaeBaila, con cancións típicas da Guagua e tamén un apartado específico con música galega, e ás 18:00 será a actuación do Paiaso Popin. A convocatoria inclúe a partir das 19:00 horas a Festa da escuma e auga, unha das citas que congrega a un maior número de persoas nesta cita, tal e como destacou a edil da área.

A concelleira de Festas recordou que esta convocatoria, que alcanza este ano a súa terceira edición na localidade, servirá para dar por rematadas as actividades de verán programadas desde o Concello para os nenos e nenas antes do inicio do próximo curso escolar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies