Home / Ferrol / Narón / O paseo marítimo de Xuvia encheuse de escolares para celebrar a VIII Marcha Ciclista

O paseo marítimo de Xuvia encheuse de escolares para celebrar a VIII Marcha Ciclista

FERROL360 | Sábado 9 maio 2015 | 17:09

O paseo marítimo de Xuvia acolleu este venres a meta da VIII Marcha Ciclista Escolar, organizada polo equipo de Educación Vial Municipal do Concello de Narón, en colaboración coa Policía Local, Protección Civil, asociacións ciclistas e firmas comerciais, e profesorado e ANPAS de once colexios de Narón e Neda.

O evento partiu das inmediacións do Pazo da Cultura, percorreu a Estrada de Castela e chegou ata o paseo de Xuvia, onde os 1.200 escolares que participaron compartiron unha merenda e un rato de convivencia. Cabe lembrar que Narón ten celebrado esta Marcha Ciclista dende os últimos oito anos, dentro do programa de Educación Vial que se desenvolve nos centros de ensino.

Nesta ocasión, contouse coa participación de alumnos de 3º a 6º de Educación Primaria dos colexios de A Solaina, Virxe do Mar, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, O Feal, A Gándara, Piñeiros, Jorge Juan, Ayala e Maciñeira (Neda) e usuarios de Educación Especial da Asociación Nosa Señora de Chamorro.

Tamén participaron dous nenos con mobilidade reducida grazas á doazón de bicicletas de tres rodas (cedidas por Rosa López Losada, da Asociación ASCM).

Feria Creativa

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies