Home / Cultura / O paso de Guadi Galego polo Jofre deixounos “cheas de vida” 

O paso de Guadi Galego polo Jofre deixounos “cheas de vida” 

ALICIA SEOANE | Domingo 28 de xaneiro 2024 | 00:00

Cun teatro Jofre onde non cabía un alfinete, apareceu entre a bruma Guadi Galego. Ben acompañada tanto nas voces, coma na instrumentación e na iluminación: Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez no coro; ademáis de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión) e Álex Fernández (teclados). 

Un espectáculo que tivemos a sorte de poder disfrutar con todos os sentidos, xa que para a propia Guadi era importante pasar polo Jofre, dentro das tres cidades elixidas para levar a cabo esta proposta: Compostela, Ferrol e Pontevedra.

Cos 50 anos recén cumpridos na mesma semana que visitou a cidade. Guadi ven pisando forte, e déixanos unha mensaxe moi clara, está máis chea de vida que nunca. O espectáculo arrancou con Epona, canción que abre o seu álbum, Roibén, con ese lema de ser á vez tan normal, e dende esa normalidade de ser unha simple mortal, a proposta vai de menos a máis collendo forza.

Unha forza coral e feminina, que vai levándonos entre voces de mulleres, que sempre están de fondo para soster a unha Guadi na sua fortaleza, pero tamén na súa fraxilidade. Con esas voces que gritan Penélope, e con ese Eu tamén navegar, que vainos achegando a un novo horizonte. Porque a vida inflama, e porque calquera muller pode ser esa muller da que fala Guadi no escenario, esa muller que as veces ten medo, pero tamén esa muller que, en Matriarcas, convértese na heroína da vida cotiá. Nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá.

Por riba a iluminación acompañou cada son e cada tema, coa súa luz axeitada para transportarnos nese espectáculo de sororidade e sonoridade. Particularmente gustóume ese xogo de sombras chinescas no que Guadi canta dende a sombra, na síntese dun horizonte onde o sol parece ir caendo ao fondo da escuridade, como nun ocaso praceiro.

O final foi chegando, cun público entregado ao canto de Cedeira que sentiuse ben forte, deixando ben claro de onde é esta artista. Acompañada dunha pequena de tres anos que bailaba polo pasillo do Jofre, nun final no que poucas terminaron na súa cadeira, porque ese son de O.D.A é un canto de vida, un contaxio xeral que deixounos a todas con moitas ganas de vivir.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies