Home / Cultura / O Pazo da Cultura acolle a estrea da obra teatral Get Back de Eme-2 Emoción&Arte

O Pazo da Cultura acolle a estrea da obra teatral Get Back de Eme-2 Emoción&Arte

FERROL360 | Xoves 22 setembro 2016 | 19:00

O Pazo da Cultura de Narón acollerá este venres a estrea da comedia teatral Get Back da compañía Eme-2 Emoción&Arte. A cita será ás 20:30 horas e o sábado haberá un segundo pase ás 20:00 horas. As entradas están á venda na billeteira do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para desempregados, persoas con carné xove ou de estudante e abonados.

A concelleira de Cultura, Marián Ferreiro, presentou este xoves a obra acompañada polo director, Jorge Coira, o autor, Diego Ameixeiras, e os actores Mercedes Castro e Federico Pérez. Miguel Guido, Alfonso Agra e Tamara Canosa completan o elenco desta obra.

A comedia comeza cun incidente no metro de Londres e aborda o tema da emigración. Catro galegos e un inglés son os protagonistas da historia, na que a retranca tras o incidente xogará un papel fundamental no desenvolvemento dos feitos.

Sobre o espectáculo, o guionista Diego Ameixeiras destacou que «é un traballo fundamentalmente en grupo, no que tiven a sorte de que a medida que ía escribindo mantiña reunións con todo o equipo, e no tramo final fomos afinando o texto e tiven a sorte de que me convidaran aos primeiros ensaios, o que foi unha experiencia moi gratificante».

O traballo de documentación realizado por Camilo Franco cobra especial relevancia nesta historia, tal e como apuntou Ameixeiras, que incidiu en que «hai unha parada física e emocional na que o público poderá coñecer as esperanzas e derrotas destes galegos que marcharon, como moitos, a Londres a buscar a vida».

A de este venres será a primera ocasión na que Jorge Coira dirixirá unha obra de teatro, según el mesmo explicou. «Eu vin teatro en Narón varias veces pero a estrea é algo completamente novo e teño moitas ganas de que chegue ese momento».

Coira incidiu no feito de que «Narón é un dos municipios de toda Galicia donde hai un público máis formado, máis especializado e máis potente en teatro, algo que tamén impón moito respecto». Así mesmo, asegurou que a obra desenvólvese «durante unha hora e media na que pasan moitas cousas, e na que os personaxes poden mirarse a si mesmos un momento e ver qué lles falta e qué ocorre; é unha mistura de comedia e drama».

A edil de Cultura lembrou que a representación de Get Back será a primeira das estreas contempladas na programación aprobada polo Padroado da Cultura para o segundo semestre deste ano.

Ferreiro animou á veciñanza a acudir a este espectáculo, «que teremos a honra de poder estrear en Narón no marco desta programación do segundo semestre do ano do Padroado da Cultura, que contempla unha ampla oferta dirixida a diferentes tipos de público nos diferentes espectáculos contratados e na que haberá outras estreas teatrais».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies