Home / Actualidad / O pleno de Ares aproba unha modificación de crédito para levar a cabo diferentes obras

O pleno de Ares aproba unha modificación de crédito para levar a cabo diferentes obras

FERROL360 | Sábado 6 xuño 2015 | 17:45

O goberno socialista do Concello de Ares aprobou no Pleno deste venres unha modificación de crédito de 310.000 euros para a execución de diversas obras. A proposta, que non contou co apoio do BNG nin do PP, inclue actuacións tanto no casco urbano como nas parroquias.

Así, dotarase á casa consistorial, edificios do entorno e ó mercado dun Centro Transformador. Esta obra conta cun importe de 64.000 euros. Outra das inversión que se contempla é a execución dunha pista polideportiva en Pedrós, cunha inversión total de 96.755 euros, que permitirá a práctica de novos deportes como o baloncesto.

Outra partida do modificado de crédito irá destinada á reforma do alumeado público no casco urbano de Ares cun orzamento de 39.997 euros. Así, sustituiranse as luminarias actuais por outras de baixo consumo.

Tamén se reformará un edificio municipal para centro sociocomunitario. A obra, que supón un investimento de 105.846 euros, permitirá tanto á veciñanza como ás entidades municipais contar cun espazo no que levar a cabo diversas actividades. Ademais, o edificio servirá como centro de saúde provisional durante a execución das obras de construcción do novo.

A construcción dun parque infantil e biosaludable en Pedrós é outra actuación que se levará a cabo e ten un orzamento de 27.0939 euros. Todas estas actuacións sufragaranse con subvencións doutras administracións e contan con aportación municipal para as mesmas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies