Home / Cultura / O Pleno de Moeche aproba a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico para o Festival Irmandiño

O Pleno de Moeche aproba a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico para o Festival Irmandiño

FERROL360 | Sábado 17 outubro 2015 | 16:51

O Pleno ordinario de Moeche aprobou por unanimidade, cos votos favorables do BNG e do Partido Popular, a solicitude de declaración de Festa de Interese Turístico para o Festival Irmandiño e a Feira do 23 de abril. Na sesión tamén deuse o visto bo á adhesión do Concello ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Por outra banda, o Pleno tamén sacou adiante por unanimidade as mocións presentadas polo BNG relativas á defensa dos refuxiados e migrantes en Europa e contra a violencia de xénero. Tamén contou co respaldo dos grupos a moción de apoio á ILP promovida pola CIG en favor dunha tarifa eléctrica galega e en contra da pobreza enerxética.

Roteiro de senderismo

Noutra orde de cousas, o Concello de Moeche organizará unha ruta de sendeirismo para o vindeiro domingo 25 de outubro pola costa do Vicedo. A ruta iniciarase na praia de Area Grande e rematará no porto do Vicedo cunha distancia aproximada de 11 quilómetros.

O prazo de inscrición rematará o xoves 22 de outubro ás 14.00 horas e o custo será de 5 euros, agás os menores de 12 anos que están exentos de pago. Os interesados en participar deben anotarse nos teléfonos 981.404.006 – 639.417.975, no email: correo@moeche.es ou no Concello.

A iniciativa conta coa colaboración da Deputación da Coruña e está impulsada polo departamento de Deportes de Moeche.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies