Home / Actualidad / O Pleno de Moeche aproba os proxectos do POS e do PAS por 287.302 euros

O Pleno de Moeche aproba os proxectos do POS e do PAS por 287.302 euros

FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 15:40

Nunha sesión extraordinaria celebrada este mércores, o Pleno do Concello de Moeche aprobou os proxectos que se incluirán no Plan de obras e servizos e o Plan de Acción Social da Deputación da Coruña, cun importe total 287.302 euros.

Desde o Concello indican que a maioría destes proxectos de obras foron solicitados nas diferentes asembleas veciñais por parte da veciñanza de Moeche, así como nas reunións coas diferentes asociacións municipais.

Ao abeiro do PAS, cun importe de 165.751 euros, aprobáronse os proxectos de melloras das áreas exteriores, pista polideportiva e paque infantil do CEIP San Ramón, acondicionamento e mellora da Área recreativa de Souto Grande, piscina municipal e entorno do Castelo.

Tamén a pavimentación da pista de San Ramón- Balocos, pista de acceso en Seoane, pista da Vila -Pumariño e gabias en Requiá e Penasalbas.

Ao abeiro do POS, cun importe de 121.551 euros, dos que se reservan 2.500 euros para gasto corrente de iluminación pública, aprobouse a pavimentación das pistas de Trieiro (Abade), de Trieiro á Lavandeira, camiño de acceso vivendas Mil de Arriba, pistas de acceso a San Xiao de Arriba e acceso a San Xiao de Abaixo.

Tamén a pavimentación da pista da Pontenova ata o límite coas Somozas e o acondicionamento da cuberta das gradas do campo de fútbol. Así mesmo, saiu adiante por primeria vez un plan complementario ao PAS por importe de 30.243 para a adquisición de marquesiñas e cerramentos para colectores de lixo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies