Home / Actualidad / O pleno de Narón aproba a modificación de crédito de 3,6 millóns de euros

O pleno de Narón aproba a modificación de crédito de 3,6 millóns de euros

FERROL360 | Xoves 30 xullo 2015 | 19:37

A corporación de Narón aprobou no pleno deste xoves a modificación de crédito de 3,6 millóns de euros procedentes de remanentes do exercicio 2014. Con cargo a esta cantidade procederanse a executar obras de saneamento valoradas en 600.000 euros, un plan de mellora de vías da zona urbana de 900.000 euros e outro de camiños do rural cunha cuantía de 300.000 euros. A proposta saiu adiante cos votos do goberno e EU, mentras que o PP abstívose e Eliximos Narón Electores votou en contra

Desta modificación tamén se destinará a gasto corrente 226.825 euros e a amortizar débeda bancaria 920.444 euros. Neste senso, desde Eliximos Narón critican que apostar pola amortización fronte a inversión produtiva «recórdanos á austeridade do PP que os partidos do goberno rexeitan e critican» e piden máis inversión produtiva fronte á obra pública e á amortización da débeda.

Advirten que o remanente ten prioridade para actuacións de carácter económico, benestar comunitario e protección e mellora do medio ambiente. Pero, o goberno local só adica un 4 % a actuacións de carácter económico, un 17 % a benestar comunitario e un 50 % a vías públicas, «o que nos fai pensar que o goberno aínda continúa emprazado na época do ladrillo».

Festivos locais e bonificacións

Tamén aprobáronse os festivos locais de 2016, que serán o Mércores de Cinza, 10 de febreiro e o Día de Narón, 23 de novembro. Ademais deuse luz verde ás axudas municipais para a instalación das arcadas luminosas de Nadal, que se abonarán a sete asociacións de veciños da localidade –tanto da zona urbana como da rural- e que en conxunto suman unha partida duns 20.000 euros.

Asimesmo, sairon adiante as bonificacións das taxas municipais da rede de sumidoiros, subministro de auga e recollida de refugallos sólidos urbanos correspondentes de 2015 e sete convenios de colaboración con clubes e entidades deportivas do municipio por un importe de 136.000 euros.

Mocións

As tres mocións presentadas ao pleno foron aprobadas. Así, o texto de EU sobre a declaración de Narón como municipio contrario á aplicación do TTIP contou cos votos favorables de todos os grupos, menos do PP que votou en contra e o PSOE que se abstivo.

A moción socialista na que se solicita a derogación da Lei de Protección de Seguridade Cidadá, Lei mordaza, por entender que atenta contra a Constitución e os dereitos fundamentais das persoas, foi secundada por toda a corporación local a exepción dos cinco edís do PP, que votaron en contra.

Por último, aprobouse por unanimidade a moción do BNG na que se pide esixir responsabilidades técnicas e políticas sobre a crise da auga. Desde TEGA lembraron que sempre se opuxeron á concesión realizada unilateralmente polo anterior goberno de Ferrol á empresa Emafesa para a xestión da depuradora e dos colectores do saneamento.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies