Home / Actualidad / O pleno de San Sadurniño aproba a contratación das obras do campo de fútbol de Currás

O pleno de San Sadurniño aproba a contratación das obras do campo de fútbol de Currás

FERROL360 | Martes 7 abril 2015 | 17:55

Pleno extraordinario este luns en San Sadurniño no que se aprobou por unanimidade o inicio do expediente de contratación das obras de cambio a céspede artificial do campo de Currás. Os grupos tamén debatiron a ratificación da solicitude á Xunta das axudas para o cofinanciamento dos servizos sociais municipais. Este punto foi aprobado cos votos de BNG e PSOE e a abstención do PP.

O expediente para o cofinanciamento dos servizos sociais e asistenciais que presta o Concello xa está tramitado e nel solicítase a transferencia de 209.207,77 euros, cos que se sufragarán parte do salario da traballadora social e tamén parte dos custes do Servizo de Axuda no Fogar.

En canto ás obras do campo de fútbol de Currás, o proxecto xa está aprobado e tamén suscribiuse o convenio de financiamento coa Deputación da Coruña. Ahora o Pleno aprobou o inicio do expediente de contratación das obras de cambio a céspede artificial. Os traballos licitaranse por un prezo de saída de 340.224 euros.

O voceiro do PP, Plácido López, pediu que se fixeran algunhas modificacións no longo e ancho do campo, unha proposta que o alcalde non desbotou e indicou que se terán en conta todas as melloras que se poidan facer durante a execución das obras.

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies