Home / Actualidad / O pleno de San Sadurniño rexeita o anteproxecto de lei do Poder Xudicial impulsado polo Goberno central

O pleno de San Sadurniño rexeita o anteproxecto de lei do Poder Xudicial impulsado polo Goberno central

ARY LÓPEZ | San Sadurniño | Sábado 3 maio 2014 | 18:34

O Concello de San Sadurniño celebrou pleno ordinario este sábado. A sesión, que deu comezo ás 11:30 horas, estivo caracterizada pola súa brevidade, polo consenso unánime entre os partidos asistentes e pola ausencia dos tres representantes municipais do Partido Popular.

En apenas quince minutos liquidáronse os cinco puntos da orde do día, a maioría deles de puro trámite municipal, como a aprobación de cuestións relativas ao estado de tramitación das facturas do primeiro trimestre do ano, o acordo acadado coa SGAE en termos de dereitos de autor ou a modificación do proxecto de construción da escola infantil.

O asunto de maior peso foi a moción presentada polo grupo de goberno local en contra do anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial aprobado en Consello de Ministros o pasado 4 de abril. A norma pretende reorganizar o actual mapa xudicial eliminando partidos xudiciais e establecendo tribunais de instancia nas capitais de provincia. Dende o BNG, consideran que isto vai provocar un «afastamento» da xustiza e solicitan a retirada da reforma, esixindo ademais que se lle transfira a Galicia a competencia para a toma de decisións relativas ao poder xudicial. Os nacionalistas instan á Xunta a rexeitar a devandita iniciativa e reclaman un modelo xudicial adaptado á realidade galega actual.

O único membro da oposición, o socialista Fernando Márquez, apoiou a iniciativa por considerar que «o Goberno intenta centralizar servizos básicos e obriga aos veciños a desprazarse á cidade de A Coruña». Ao seu parecer, esta norma orixinaría máis gasto e cre fundamental «manter os partidos xudiciais a nivel comarcal, cercanos á cidadanía».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies