Home / Ferrolterra / Ares / O porto de Redes mantén a tradición coa Festa da Cabria o vindeiro 5 de agosto

O porto de Redes mantén a tradición coa Festa da Cabria o vindeiro 5 de agosto

Imaxe da última edición da Festa da Cabria de Redes (foto: Agrupación Instrutiva de Caamouco)

Imaxe da última edición da Festa da Cabria de Redes (foto: Agrupación Instrutiva de Caamouco)

FERROL360 | Mércores 26 xullo 2017 | 00:00

O porto de Redes acollerá o vindeiro 5 de agosto a tradicional Festa da Cabria, que comezará ás 10:30 horas e que organiza a Agrupación Instrutiva de Caamouco. Colaboran o Concello de Ares e a Asociación Cultural Camiño da Artesanía.

O evento inclúe unha exhibición etnográfica, música polas rúas da vila pesqueira e actividades infantís, así como unha degustación popular de sardiñas. Como novidade, incorpora un mercado de artesanía e a demostración en vivo de traballos artesáns a cargo de profesionais na contorna da Praza do Pedregal.

Os participantes nos cursos de cestaría e encaixe da agrupación organizadora chegarán ao longo da mañá. A protagonista da xornada asumirá o papel principal ao mediodía. Voluntarios subirán á cabria para amosar como penduraban historicamente as redes ao sol, técnica que tamén aprenderán os nenos cunha máis reducida.

Imaxe da última edición da Festa da Cabria de Redes (foto: Agrupación Instrutiva de Caamouco)

Imaxe da última edición da Festa da Cabria de Redes (foto: Agrupación Instrutiva de Caamouco)

Eles tamén trasladarán esas redes dende os almacéns ao porto para o seu uso por parte dos adultos. Os promotores fan un chamamento destacado á participación de mulleres. Con paus verticais de madeira de castiñeiro fixados no chan, as cabrias dotábanse de apoios horizontais para secar as redes ante a inexistencia de lugares específicos no pintoresco porto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies