Home / Sociedad / Educación / O prazo de matrícula da escola infantil municipal de San Sadurniño estará aberto do 2 ao 13 e xaneiro

O prazo de matrícula da escola infantil municipal de San Sadurniño estará aberto do 2 ao 13 e xaneiro

FERROL360 | Venres 26 decembro 2014 | 13:28

A partir do día 2 e ata o 13 do mes de xaneiro, as familias poderán formalizar a matrícula para a escola infantil municipal de San Sadurniño. Segundo o Concello, nos últimos días recibiron xa un total de 18 solicitudes de prematrícula.

Unha vez rematado o prazo de matrícula, nos días seguintes procederase á baremación, á proposta inicial de admisións e exclusións e abrirase un periodo de reclamacións, do 19 ao 24 de xaneiro, que quedarán resoltas e publicadas o día 26.

Do 27 ao 29 de xaneiro notificaráselles ás familias admitidas a cota que deberán satisfacer antes do día 31 de xaneiro, data na que se elaborará o listado definitivo de prazas cubertas. A partir de aí o pagamento do servizo farase mes por mes.

Cómpre ter en conta que no mes de marzo se abrirán dous prazos para o curso 2015-2016, un para a reserva de praza dos nenos matriculados este ano e outro para as novas incorporacións.

O Concello prevé que daquela se incremente o número de solicitudes, dado que hai familias que nestes momentos levan ós cativos a centros de fóra de San Sadurniño.

Como complemento á apertura do prazo de matrículas, o Concello organiza para os días 4 e 5 de xaneiro dúas xornadas de portas abertas entre as 16:00 e as 19:00 horas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies