Home / Ferrol / Ares / O prazo para presentar as obras ao IX Concurso de Pintura Manuel Rebón abrirase en setembro

O prazo para presentar as obras ao IX Concurso de Pintura Manuel Rebón abrirase en setembro

FERROL360 | Venres 31 xullo 2015 | 10:40

O Concello de Ares abrirá o vindeiro 1 de setembro o prazo de presentación de obras para participar no IX Concurso de Pintura Manuel Rebón. Os interesados deberán acudir ao CIRS de Cervás ata o día 10 do mesmo mes, e presentar un máximo dunha obra, única e orixinal. Poden ser óleos e acrílicos, de temática libre, cun máximo de 110 x 110 centímetros, incluíndo o marco

O primeiro premio será de 1.200 euros, establecéndose dous accésit e un premio especial para o mellor pintor local que este ano como novidade incrementa a súa contía a 500 euros. O xurado dará a coñecer os gañadores o 11 de setembro a entrega do premio será o día 26 no CIRS. A exposición celebrarase no mesmo lugar do 13 ao 26 de setembro.

O Concello confía en seguir contando con obras de tanta calidade coma en edicións anteriores, que
lle deron a este certame un enorme prestixio e o convertiron nun referente a nivel autonómico.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies