Home / Cultura / O prazo para presentar traballos ao XXIX Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé remata o día 30

O prazo para presentar traballos ao XXIX Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé remata o día 30

FERROL360 | Sábado 24 setembro 2016 | 11:51

Os autores interesados en participar no XXIX Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé teñen ata o 30 de setembro para poder presentar as súas obras. Debe ser un libro de poesía en lingua galega cunha extensión mínima recomendada duns 300 versos -a escolla ortográfica de cada libro presentado non será obxecto de valoración por parte do xurado-.

Convocado polo CMI Unidade de Fene e coa colaboración do Concello de Fene e a editorial Espiral Maior, o certame naceu co obxectivo de colaborar na promoción de novas voces, polo que é requisito para participar non ter publicado ningún libro individual de poesía. Porén, admitiranse traballos presentados por persoas que publicasen previamente algún libro en edición de autor.

Os textos presentaranse por triplicado debidamente encadernados ou grampados, identificados inequivocamente con pseudónimo ou lema e acompañados dun sobre pechado. Na parte externa do mesmo farase constar o pseudónimo, lema ou título da obra e no interior incluirase o nome completo do autor/a, DNI ou pasaporte, enderezo e datos de contacto.

Premio

No caso da publicación previa dun libro individual, deixarase constancia na plica do título da obra, ano de publicación e, no caso de telo, do ISBN. O premio consistirá na edición do libro gañador na Colección de Poesía «Espiral Maior» e nunha gratificación económica para o autor de 2.000 euros -suxeita ás retencións impositivas que marca a lei-.

A edición do libro constará de 600 exemplares. O editor entregará ao autor 25 exemplares da obra impresa. O xurado do certame estará composto por tres persoas de recoñecida traxectoria no ámbito da escrita literaria, da edición ou da crítica.

O premio revelouse, nestes últimos dez anos, como unha ferramenta moi efectiva para dar a coñecer novas voces da poesía galega que, tras obter o premio, comezan unha carreira literaria exitosa. Nomes coma os de Mario Regueira, Susana Sánchez Aríns, Xiana Arias Rego, Ramón Neto, Lorena Souto, Eduard Velasco ou Jesús Castro forman parte dun presente prometedor da literatura galega.

Máis información sobre o Premio pódese vitar a páxina web do mesmo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies