Home / Ferrol / Ferrol / O primeiro ‘Festival da Democracia’ chega a Ferrol o sábado

O primeiro ‘Festival da Democracia’ chega a Ferrol o sábado

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 7:54

O vindeiro sábado 18 de maio o centro cultural Torrente Ballester acollerá a primeira edición do Festival da Democracia, unha cita que recala en España por primeira vez para explorar, dun xeito orixinal e divertido, as distintas formas de participación na construción do Ferrol e da Europa do futuro.

Trátase dun evento organizado pola entidade Xeración coa colaboración do Concello, con entrada de balde. De 11:00 a 15:00 horas haberá diferentes actividades para persoas de todas as idades amenizadas con música en directo e un InfoMarket de entidades sociais.

Pola tarde, desde as 18:00 horas, haberá unha serie de presentacións curtas nas que oito persoas expertas contarán as súas reflexións inspiradoras en menos de 20 minutos baixo o título Vitaminas para a mente. A programación pode consultarse polo miúdo nesta ligazón.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies