Home / Opinión / 'Ferrol Rebelde' / O primeiro mitin das mulleres

O primeiro mitin das mulleres

Mitin mulleres 1919 corte

MARCOS ABALDE | ‘Ferrol Rebelde’ | Venres 19 maio 2017 | 19:44

Por primeira vez as mulleres tomaron a palabra o domingo 14 de decembro de 1919. En 1918 tomaran as rúas e conseguiran baixar o prezo dos alimentos e facer dimitir os alcaldes de Ferrol e Narón, mais o problema das subsistencias continuaba.

Fartas de que os caciques comerciasen coa fame do pobo, as traballadoras ferrolás organizan un mitin no Centro Obreiro da praza das Angustias 4. Segundo a prensa da época, o local estaba ateigado de xente. Falaron sete activistas do Grupo Socialista Feminino, da Alianza Feminina da Graña e da Sociedade de Augadoras.

Amalia Vergara manifestou que, se os gobernantes non saben ou non queren ou non poden amañalo, que lle deixen o posto a elas que xa o amañarán mellor que os homes. María Varela encoraxou a muller a que se alce de maneira airada para que as súas protestas non sexan en balde e non caian no baleiro. América Ruíz defendeu que a única forma de acabar con tanta miseria é que todas as mulleres unidas derruben o réxime actual. Josefina Neira considerou irresistíbel xa aturar tanta usura e cobiza por parte duns e en prexuízo dos mais e pide a cooperación de todos porque existindo a unión se consegue o que se pretende.

Longas ovacións recibiron os discursos de Amalia Vergara, María Varela, Juana Montero, Carmen Neira, María Picallo, América Ruíz e Josefina Neira. As nosas avoas, bisavoas, tataravoas xa eran mulleres libres, valentes, comprometidas. Orgullo e exemplo do Ferrol rebelde!

*Os roteiros de ‘Ferrol Rebelde. Un paseo por cen anos de historia obreira’, guiados por Marcos Abalde, son todos os sábados do mes de maio ás 17:00 horas. A entrada de balde e saen do palco da música do Cantón de Molíns. Inscrición previa no teléfono 698 157 414.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies