Home / Sociedad / Educación / O programa «Móvete» promove o voluntariado e a solidariedade entre o alumnado de primaria

O programa «Móvete» promove o voluntariado e a solidariedade entre o alumnado de primaria

FERROL360 | Luns 15 febreiro 2016 | 18:26

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, inicia de xeito experimental o programa «Móvete» de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación Primaria.

Este proxecto piloto levarase a cabo en tres centros de ensinanza Infantil e Primaria: o Virxe da Cela de Monfero, o das Fontiñas de Santiago e o da Lomba en Vilagarcía de Arousa. En total, participarán en Móvete ata final de curso máis dun cento de nenos e nenas entre os seis e osdez anos de idade.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, inaugurou este luns o programa no CEIP Monfero, que «pretende ser un instrumento para a formación integral dos estudantes máis novos a través dos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación», dixo.

Así, este programa conta como base coa canción e o vídeo «Móvete» de Paco Nogueiras, a través da que se elaborará unha unidade didáctica de aplicación a través duns obradoiros en cada centro. Os obxectivos da unidade didáctica céntranse na posta en valor da solidariedade e na acción voluntaria como medio para mellorar as realidades dos máis desfavorecidos.

Accións solidarias en cada centro

Nas unidades didácticas cada centro escollerá unha acción solidaria para desenvolver co alumnado, que estará adecuada ás idades do grupo seleccionado e que poderá ser de sensibilización ou dun carácter máis activo, segundo o diagnosticado nos obradoiros iniciais.

Por último, Cecilia Vázquez destacou que «con este proxecto estamos en disposición de ofrecerlles aos mozos e mozas galegos a posibilidades de que desenvolvan un itinerario voluntario completo e continuo».

De tal xeito que este itinerario comeza en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces de ata 12 anos-, continua coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies