Home / Ferrol / As Somozas / O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal preséntase este mércores en San Sadurniño

O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal preséntase este mércores en San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 29 abril 2015 | 14:16

O salón de plenos do Concello de San Sadurniño acollerá ás 19:00 horas a presentación do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Unha iniciativa impulsada por un grupo de investigación e profesional que quere poñer en valor o complexo xeolóxico da zona dándoo a coñecer e promovendo o seu aproveitamento turístico e económico.

Este complexo xeolóxico abrangue un territorio de 582 quilómetros cadrados, esparexido polos concellos de Ortigueira, As Somozas, Cariño, Cerdido, Moeche, Cedeira, Valdoviño e San Sadurniño.

Esta formación xeolóxica caracterízase por ter rochas ultrabásicas, que son moi raras mesmo a nivel mundial e, que son obxecto de estudo por xeólogos e outros investigadores desde hai décadas. Un exemplo destas rochas é o caso do toelo ou pedra de Moeche.

Os xeoparques son unha figura creada pola UNESCO que serve para dar recoñecemento mundial a un territorio que acubilla uns recursos xeolóxicos de especial singulariedade. En todo o mundo hai xa 111 xeoparques dos que dez en España e catro en Portugal.

De cara a explicar en que consiste un xeoparque e especificamente cal é o proxecto da candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal, as entidades promotoras están a realizar unhas charlas polos concellos implicados nas que se pon de manifesto a importancia xeolóxica da zona e tamén de que xeito se pode vencellar co seu aproveitamento turístico e co desenvolvemento sostible da comarca.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies