FERROL360 | Sábado 6 setembro 2014 | 19:17
Chega setembro e é momento de voltar á rutina, de retomar as actividades que deixamos aparacadas durante o verán. Precisamente iso é o que vai facer o PSdeG-PSOE de Narón, que este domingo realizará a súa quinta etapa do Camiño Inglés.
A Agrupación Socialista de Narón calzarase de novo as deportivas para realizar un percorrido que comezará en Betanzos e rematará en Abegondo. Así, ás 9:00 horas do domingo un autobús trasladará aos participantes dende Neda a Betanzos para inciar a andaina.
A duración estimada é de tres horas e 15 minutos e a distancia 14 kilometros.