Home / Actualidad / O PSOE coruñés eleva aos comités do partido unha proposta aberta dos candidatos ao Congreso e Senado

O PSOE coruñés eleva aos comités do partido unha proposta aberta dos candidatos ao Congreso e Senado

FERROL360 | Sábado 26 setembro 2015 | 17:53

O comité provincial do PSOE aprobou co 81 % dos votos que a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Pilar Cancela, e Ricardo García Mira encabecen a proposta de candidatos ao Congreso e Senado. Esta proposta será elevada aos comités nacional galego e federal do partido para a elaboración definitiva das listas.

Segundo explicou o secretario provincial do PSOE, Julio Sacristán, a executiva decidiu «respectar a vontade expresada polas agrupacións locais do partido» e remitir a Santiago e a Madrid un informe conxunto para as candidaturas e non unha lista pechada.

Asimesmo, piden que «se teñan en conta para a elaboración das listas criterios de territorialidade, co obxecto de que as diferentes comarcas da provincia teñan representación», indican os socialistas nun comunicado de prensa.

Apoios por comarcas

Atendendo a ese criterio de territorialidade, Ángel Mato foi a persoa que maior número de apoios logrou na comarca de Ferrolterra, segundo indican desde a executiva provincial. Mentres que na Coruña foi Ricardo García e Pilar Cancela en Compostela.

A nivel provincial, a secretaria de Organización do PSdeG foi a que obtivo máis apoios nas asembleas provinciais, un total de 690, seguida de preto por García Mira, que obtivo o respaldo de 630 militantes socialistas coruñeses.

Os seguintes en apoios colleitados nas asembleas locais foron os coruñeses Rafael Arangüena, con 567 votos, e Javier Losada con 505. O ferrolán Ángel Mato colleitou 298 apoios, e 296 Paloma Rodríguez.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies