Home / Actualidad / O PSOE de Narón propón unha piscina olímpica mancomunada e deportes para os máis novos

O PSOE de Narón propón unha piscina olímpica mancomunada e deportes para os máis novos

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 19:37

A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Narón, Catalina García, pasou este domingo facendo deporte na pista verde de Santa Icía, nunha xornada deportiva-familiar.

Neste marco presentou algunhas das súas propostas en materia de deporte, co obxectivo de «achegar todas as actividades deportivas á cidadanía e que ninguén se quede sen practicar deporte por motivos económicos».

«O Concello de Narón é punteiro en materia de deporte» dixo García, engadindo que «queremos dar máis transparencia aos convenios deportivos e ás subvencións», dando apoios aos clubs dende a igualdade de oportunidades de dereitos.

A creación do Consello Municipal de Deportes, a construción dunha piscina olímpica mancomunada en colaboración con outros municipios da comarca «de xeito que podamos desconxestionar o resto de piscinas que temos nos nosos municipios», a subvención de matrículas en actividades deportivas e o fomento do deporte base, son algunhas das propostas do programa.

Tamén, apostan por ampliar a oferta deportiva municipal pensando nos rapaces e rapazas adolescentes, coa incorporación de actividades e espazos para a práctica de patinaxe, rocódromo e parkour.

Catalina García e membros da candidatura socialista xogaron ao fútbol este domingo (foto: PSdeG-PSOE Narón)

Catalina García e membros da candidatura socialista xogaron ao fútbol este domingo (foto: PSdeG-PSOE Narón)

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies