FERROL360 | Domingo 7 setembro 2014 | 11:33
Os veciños de Neda interesados en consultar o Plan Xeral de Ordenación Municipal poderán facelo a partires deste luns 8 de setembro no salón de plenos do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas. O documento xa foi publicado no Diario Oficial de Galicia e agora os veciños teñen a posibilidade de presentar as propostas de mellora que estimen oportunas.
Ademais, o arquitecto municipal reservará en unhas horas da súa xornada a atender as consultas veciñais en torno ao documento. Neste caso, o horario será de luns a venres, entre as 12:00 e as 14:00 horas. Por outra banda, o Concello solicitou ao equipo redactor do plan que se desplace a Neda para prestar tamén a súa axuda e atención á veciñanza nunhas xornadas aínda por concretar.
Así, tras a fase de exposición pública, por espazo de dous meses, valoraranse as alegacións presentadas e remitirase o documento á Xunta, que ten a última palabra sobre a aprobación definitiva das normas urbanísticas.