Home / Eume / A Capela / O requeixo de A Capela cumpre 25 anos

O requeixo de A Capela cumpre 25 anos

MARTA CORRAL | Luns 26 agosto 2013 | 12:00

Aínda que a váscula comezara a dar sinais de alarma no que vai de verán, onte non puidemos facer máis ca rendernos aos encantos do requeixo. A pesares do orballo incesante e a néboa, milleiros de persoas peregrinaron ata A Capela para celebrar o cuarto de século desta Festa do Requeixo.

Vendéronse máis de 6.000 racións, ao prezo popular de 1,70 euros por tarrina de 250 gramos con azucre ou mel de Goente, ao gusto. Houbo colas dende a mañá; pero a boa disposición da organización fixo que todo fora rápido.
Organizada e promovida polo Concello de A Capela e a cooperativa Campo Capela, o pregón estivo a cargo de José Manuel Corral, ex concelleiro de Cultura, que deu comezo á festa despois da misa solemne.

Mostra de maquinaria agrícola, postos de artesanía, panaderías, xogos populares e o máis chamativo a degustación de derivados lácteos de Galicia. Nove queixerías presentaron os seus productos, que non estaban á venda, a todos aos que aínda lles quedara un oco: requeixo con marmelada de fresa, queixo con bola, queixo curado con pan…

Dende as 11:00 horas, da man da banda de gaitas Alfaia de As Pontes, comezou a feira. Ao mediodía a quenda foi para o rock dos ponteses Ging Tonic Song que versionaron clásicos da Creedence Clearwater Revival, os Rolling Stones e Joaquín Sabina, entre outros.
As cinco da tarde, volveu o folk coas cantareiras de Airiños da Capela, seguidas de Donas e Galáns e Xancarandaina. A fin de festa, subíu ao escenario o grupo Leilía, logo de sortear un queixo de máis de dez kilos entre todos aqueles que mercaron requeixo.

O requeixo de A Capela foi o primeiro elaborado con leite crú, e pode ser un ingrediente que marque a diferenza nos nosos platos, doces ou salgados. En tarta, con fruta, con verduras, con peixe… aquí vos achegamos algúns platos elaborados. Animarvos a probar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies