Home / Sociedad / Entidades sociales / O rexedor naronés recibe ao director de Aspace Coruña

O rexedor naronés recibe ao director de Aspace Coruña

FERROL360 | Sábado 4 xuño 2016 | 17:10

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibiu esta semana no seu despacho ao director xerente da Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (Aspace) da Coruña, Eulogio López.

No transcurso do encontro o representante da entidade explicou ao rexedor local o traballo que se realiza desde a entidade, con sede no municipio de Sada. Aspace, que xestiona un centro educativo, un de día e outro residencial, ten uns 400 socios e máis dun cento de usuarios, a maioría destes últimos cun elevado grao de dependencia para poder satisfacer as súas necesidades básicas. Entre a veciñanza de Narón hai tamén varios usuarios desta entidade, tal e como se recordou nesta xuntanza.

O rexedor local destacou o traballo realizado pola asociación e animou a López a continuar na mesma liña para prestar a debida atención aos usuarios e usuarias e contribuír así, como veñen facendo nos últimos case corenta anos de historia da entidade, a mellorar tanto a súa calidade de vida como a dos seus familiares.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies