Home / Actualidad / O Servizo de Información sobre a regularización catastral de Fene atenderá á veciñanza os mércores

O Servizo de Información sobre a regularización catastral de Fene atenderá á veciñanza os mércores

FERROL360 | Sábado 15 novembro 2014 | 18:32

O Servizo de Información e Asesoramento, posto en marcha con motivo do proceso de regularización catastral que está a levar a cabo o Ministerio de Facenda no municipio, prestará atención ao público os mércores en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

A pesares de que o prazo para a presentación de alegacións está a piques de rematar e que apenas se rexistran consultas nos últimos días, o Concello dicidiu manter a oficina, que continuará prestando asesoramento e atendendo aos veciños nesa xornada de mércores.

Cabe recordar que o proceso de regularización catastral que impulsa o Ministerio de Facenda se está a levar a cabo na comarca nos municipios de Fene, Mugardos e Valdoviño e que, daquí ao 2016, iniciaráse en todos os municipios do territorio estatal.

Non afecta a aqueles inmobles que tributan correctamente e, en ningún caso, supón unha revisión dos valores á alza.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies