Home / Sociedad / Entidades sociales / O Sorteo de Oro de Cruz Roja toca en Ferrol

O Sorteo de Oro de Cruz Roja toca en Ferrol

FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 13:47

O Sorteo de Oro de Cruz Roja deixou premio en Ferrol e en tres localidades máis da provincia, A Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela, repartindo un total de 26.000 euros. Os boletos co número 07.004, que coincide cos catro últimos díxitos do segundo premio, teñen 200 euros cada un.

Desde a organización do sorteo indican que nesta edición incrementouse o número de premios a repartir cun total de 3.900 con diferentes cuantías. O obxectivo non era outro que repartir sorte entre máis personas de diferentes lugares de todo o territorio.

Os números premiados poden consultarse aquí e os premios poden cobrarse nas entidades bancarias BBVA, Santander e Grupo Banco Popular. Este sorteo é un dos principais recursos de Cruz Roja para o desenvolvemento de proxectos sociais.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies