Home / Cultura / O talento dos mugardeses dase cita nunha nova edición de «Mugardos: 10 potencias»

O talento dos mugardeses dase cita nunha nova edición de «Mugardos: 10 potencias»

FERROL360 | Mércores 8 abril 2015 | 12:08

Dez mugardeses subiranse ao escenario do local da Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva de San Xoán de Piñeiro este sábado para falar durante 6 minutos e 40 segundos da súa profesión ou afección resaltando os puntos máis interesantes da mesma.

Trátase da segunda edición de «Mugardos: 10 potencias», unha iniciativa que busca dar a coñecer os talentos ocultos de persoas da vila. Ensino, literatura, adestramento canino, música, lactancia, deporte e arte serán algunhas das temáticas que abordarán os ponentes. A cita, este sábado a partires das 20:00 horas.

Marisa Bastida titula a súa intervención «Había unha vez» e nela falará sobre a súa labor social impartindo clases e axuda gratuíta a adultos e pequenos. Mentres, a escritora Teresa Cameselle dará a súa visión sobre a evolución dos formatos de lectura nunha ponencia co título: «Publicación tradicional y libro electrónico».

Iago Triana abordará en «O mellor amigo do can» o mundo do adestramento canino. Os seus cadelos teñen participado en series de televisión como Serramoura. E se hai unha temática que non podía faltar esa é a música. O grupo de hard rock Wisdom falará sobre «Metal á Mugardesa… ou á Feira».

Jose Luis Cuba relatará a súa persoal «Viaxe das corcheas ás hifas» facendo un percorrido pola historia dun músico profesional que chega a ser un amante vocacional dos fungos do país. Falar de Mugardos é falar de polbo, sí ou sí. Esa é a temática de David Payo, que con «El pulpo: un mar de ideas» este chef, organizador da ruta dos pinchos da vila, contará como o polbo se convirte en inspiración na cociña.

«A peito descuberto» é a ponencia de Lidia Pena que relatará os obstáculos que, aínda a día de hoxe, teñen as nais para dar o peito ós seus fillos en lugares públicos. O deporte feminino tamén terá os seus 6 minutos e 40 segundos da man de Alba Pérez. En «O fútbol: nin fácil nin imposible» falará do seu esforzo para formar parte da selección galega de fútbol feminino.

Pola súa banda, a artista Noemí Lorenzo á o proceso creativo das súas obras de arte, métodos, inspiración e significado en «400 segundos de creación». Por último, a actriz María Bouzas tratará de achegarnos os valores máis humanos da súa profesión na pontencia: «Actriz: transmisora de historias e emocións».

«Mugardos: 10 potencias» aínda ten moitos aspectos relevantes da vila que amosar e sacar á palestra a moitos xenios ocultos. Para darlle máis visibilidade a esta iniciativa puxeron en marcha a súa web, que pretende ser un punto de información de todas as edicións do evento. Desde as potencias do 2014, ata proxectos que xurdiron a raiz do acto, aparicións en prensa, enlaces as redes de cada un dos poñente e información útil sobre a iniciativa.

Mugardos:10 potencias

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies