Home / Cultura / O teatro clásico da Cervantia e a música e danza de Na punta do pé esta fin de semana en Narón

O teatro clásico da Cervantia e a música e danza de Na punta do pé esta fin de semana en Narón

FERROL360 | Mércores 28 setembro 2016 | 14:13

O Pazo da Cultura de Narón acollerá esta fin de semana dous espectáculos variados e diferentes. Mentres que o venres será a quenda do teatro clásico coa obra Cervantina, da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá, o sábado tocaralle o turno á música e danza populares con Na punta do pé, do grupo Pesdelán.

A obra Cervantina, baseada en textos de Miguel de Cervantes, é unha coprodución da Compañía Nacional de Teatro Clásico e Ron Lalá. O público poderá recoñecer nesta peza fragmentos de recoñecidas novelas como Don Quijote de la Mancha, La gitanilla ou El coloquio de los perros, entre outros.

O humor, a adaptación dos textos e a evolución dos personaxes que protagonizan esta obra de teatro clásico son dous factores a ter moi en conta neste espectáculo, que constitúe toda unha homenaxe ao escritor español Miguel de Cervantes. A representación teatral será ás 20:30 horas.

No caso do espectáculo Na punta do pé os asistentes terán a oportunidade de escoitar temas do primeiro disco do grupo Pesdelán, do que xa se venderon milleiros de copias. A participación do público e a recuperación das festas caracterizan os seus traballos, con músicos que interpretarán un amplo repertorio co que gozará o público asistente. A cita, a partir das 20:00 horas.

As entradas para ambas propostas están xa á venda na taquilla do Pazo, a un prezo cada unha de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies