Home / Cultura / O Torrente Ballester acolle a exposición ‘Vidas’ do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón

O Torrente Ballester acolle a exposición ‘Vidas’ do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón

Unha das fotografías da mostra do Torrente Ballester (foto: Gabriel Tizón)

FERROL360 | Mércores 4 decembro 2019 | 00:00

O Centro Torrente Ballester acolle a exposición «Vidas», do fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón. A mostra, que recolle imaxes captadas en máis de 40 países, estará aberta ao público ata o 15 de febreiro.

A exposición está centrada en persoas que viven «en condicións que ningún ser humano debería vivir», indica o propio autor. Dentro destes «inocentes», Tizón pousa a súa mirada especialmente nos nenos e nas nenas.

Así, este traballo serve para «recordar e amosar á cidadanía que existen» e tamén para «loitar contra a tortura do olvido».

A obra consta de 60 fotografías de 60×40 centímetros e 6 máis de gran formato, de 200×150 centímetros.

Ademais, tamén inclúe a exhibición do documental O silencio das persoas refuxiadas, realizado por Tizón na chamada ruta dos Balcáns ao longo dos tres últimos anos.

A mostra é gratuíta e estará aberta ao público ata o próximo 15 de febreiro en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 de martes a sábado e de 11:00 a 14:00 os domingos e festivos.

Namentres, os luns está pechada. Para organizar visitas para grupos hai que consultar no Torrente.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies