FERROL360 | Xoves 10 abril 2014 | 17:29
O Real Coro Toxos e Froles de Ferrol está de aniversario. Ao longo deste 2014 celebrará o seu centenario cunha serie de actividades e citas culturais.
A primeira delas arrincará este venres a partir das sete da tarde no primeiro andar do local da rúa Magdalena 220. O pintor naronés Leandro Lamas presentará unha obra que conmemora os cen anos de andaina desta entidade.
Os asistentes poderán festexar cun brinde o centésimo aniversario de vida dun colectivo que traballa a prol da cultura galega, en especial, tratando de revalorizar a música tradicional.
O acto contará coa presenza do alcalde ferrolán, José Manuel Rey Varela, e o presidente da sociedade, Arturo Lamas.