Home / Deportes / O Triatlón Ferrol feminino gaña a Copa do Rei e o campionato de España por Relevos

O Triatlón Ferrol feminino gaña a Copa do Rei e o campionato de España por Relevos

FERROL360 | Domingo 17 maio 2015 | 18:00

Fin de semana de gloria para o Triatlón Ferrol. Seu equipo elite feminino levouse o ouro na Copa do Rei e o campionato de España por Relevos que se celebraba en Marina D’Or, Oropesa del Mar (Castellón).

O sábado, sen partir coma favoritas, Camila Alonso, Inés Santiago, Ana Carvajal, Sara Guerrero, Sharon García e Paula Herrero botáronse á auga sen referencias de tempos das rivais.

Herrero foi a primeira en quedarse cortada na bici e, un despiste da naronesa Guerrero, fixo que tamén se lle escapara o cuarto do Triatlón Ferrol que debía cruzar a meta.

Entón, a ferrolana Camila Alonso exerceu de líder do equipo para trocar a estratexia e marcar o tempo máis rápido da tarde e co que se subiron ao máis alto do podio da Copa do Rei.

Xa na xornada de domingo o conxunto ferrolán apostou por nadar sen neopreno restando velocidade na auga pero gañando tempo na transición. Camila Alonso foi a primeira relevista, facendo unha gran carreira a pé para darlle o testiño a Sara Guerrero, que comezou a remontada na natación.

A ferrolana Inés Santiago remataba a faena dende o auga cuns 40 segundos de desvantaxe coas líderes e tardou pouco en tomar a cabeza para cruzar a meta en primeiro lugar.

Triatlón base

A Escuela NorInver tamén levou un título de campeona de España Escolar por relevos con Sharon Carrera, Raquel Ruiz e Ana Carvajal.

Os cadete convertéronse nos mellores galegos na Copa do Rei facendo os tres segmentos xuntos Marcos Ruiz, Dani Santalla, Iván Puentes, Dani Ríos e Abel Fuentes, quedando a un paso do medalleiro sendo cuartos.

No relevo masculino a Escuela NorInver fixo un séptimo posto con Dani Ríos, Dani Santalla -que puido mellorar a súa posición nadando pero tivo que facer toda a bici só-, e Marcos Ruíz.

Santiago, Guerrero e Alonso, o relevo elite do Triatlon Ferrol feminino (foto: Club Triatlón Ferrol)

Santiago, Guerrero e Alonso, o relevo elite do Triatlon Ferrol feminino (foto: Club Triatlón Ferrol)

O equipo escolar da Escuela NorInver (foto: Triatlón Ferrol)

O equipo escolar da Escuela NorInver (foto: Triatlón Ferrol)

Publicidad

Banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies