Home / Ferrol / Ferrol / O TSXG ratifica a condena do naronés que golpeou cun martelo á súa parella

O TSXG ratifica a condena do naronés que golpeou cun martelo á súa parella

tsxg tribuna superior de xustiza de galicia

FERROL360 | Venres 17 maio 2019 | 7:49

A Sala do Civil e do Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena de tres anos e catro meses de prisión que a Audiencia Provincial da Coruña lle impuxo ao veciño de Narón que, en xullo do 2016, golpeou á súa parella cun martelo tras discutir con ela porque se negou a darlle unha tarxeta de crédito para evitar que comprase droga.

O TSXG rexeitou que o sospeitoso tivese intención de matar a vítima, polo que confirmaron a condena como autor dun delito de lesións con instrumento perigoso coa atenuante de alteración psíquica e a agravante de parentesco. Os xuíces resaltan que «non consta» que a vítima perdese a consciencia, polo que «non se pode concluír que o procesado cesase a agresión na crenza de que aquela morrera».

«Non ignora este tribunal o perigo da zona á que se dirixen a maior parte dos golpes, nin o plus que entraña o emprego dun martelo aínda que só fose unha vez, pero iso débese ponderar coas restantes circunstancias concorrentes, en especial, a declaración do médico forense, que asegura que dada a intensidade dos golpes en ningún momento existiu risco vital», recolle a sentenza.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*