Home / Eume / As Pontes / O VIII Festival da Francofonía chega a As Pontes este martes

O VIII Festival da Francofonía chega a As Pontes este martes

FERROL360 | Luns 9 maio 2016 | 19:36

A vila das Pontes converterase por vez primeira en anfitrioa dunha nova edición do Festival da Francofonía, que chega este ano á súa oitava edición e estará apadriñada polo cantante José El Francés.

A cita, que ten por obxectivo poñer en práctica o idioma galo e dar a coñecer a cultura francesa, congregará a centos de rapaces e rapazas dunha decena de centros educativos de toda Galicia.

Será unha actividade amena e didáctica onde os escolares afondarán no coñecemento da cultura e civilización do mundo francófono, ó mesmo tempo que potencian as súas dotes escénicas, e traballan en equipo.

O encontro arrancará a partir das 11:00 horas nas inmediacións do lago pontés.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies