Home / Cultura / O vindeiro sábado Neda celebra o XVII Festival da Canción Mariñeira

O vindeiro sábado Neda celebra o XVII Festival da Canción Mariñeira

FERROL360 | Domingo 29 xuño 2014 | 16:59

A mellor música dase cita en Neda o vindeiro 5 de xullo coa celebración do XVII Festival da Canción Mariñeira. Un certamen no que participarán a Banda de Gaitas Álvaro Cunqueiro (Lago), a Rondalla e Coral Polifónica O Castro (Miño) e Agrupación Artística Lucero del Alba, organizadora do acto e que presentará o seu novo CD Con todo el corazón.

O Festival comezará ás 20:00 horas nas instalacións do colexio público San Isidro, onde se ubicará a carpa na que se desenvolverán as diferentes actuacións musicais. Despois das mesmas haberá unha mexilonada popular coa ambientación musical de Chevalier.

Desde o Concello invitan a toda a veciñanza de Neda e da comarca para que asistan á vila e desfruten dun certame que, ano tras ano, congrega a centos de persoas amantes da boa música.

Festival da Cancion Marineira

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies