Home / Sociedad / Educación / O Virxe do Mar sae á rúa coa súa «Mani-Festa» polo Día de Rosalía

O Virxe do Mar sae á rúa coa súa «Mani-Festa» polo Día de Rosalía

Imaxe do acto deste venres (cedida)

Imaxe do acto deste venres (cedida)

FERROL360 | Venres 22 febreiro 2019 | 20:10

Menores e mestres do colegio Virxe do Mar de Narón saíron este venres ás rúas do barrio para festexar o Día de Rosalía. Pancartas con textos da escritora no seu 182 aniversario protagonizaron a súa «Mani-Festa», concebida como unha «acción simbólica arredor da súa obra».

Deste xeito, lembraron os «versos reivindicativos de inxustizas sociais que seguen sendo realidade nos nosos días». O evento celebrouse baixo o lema rosaliano «Libre o meu pensamento» e posibilitou que o centro incidise en que nunca «poderán quitarnos os bos pensamentos» por moito maltrato que se propicie.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*