FERROL360 | Domingo 10 agosto 2014 | 11:31
O vindeiro domingo 17 de agosto celébrase o XX Trofeo de fútbol Concello de San Sadurniño que se disputará no campo da Veiga, en Narahío, e que enfrontará ós equipos de Narahío, C.F. San Sadurniño e a S.D.C. Capela.
O triangular comezará ás 18:00 horas e xogarase con partidos de 45 minutos e un descanso de un cuarto de hora entre cada un deles. O primeiro encontro enfrontará ao C.F. San Sadurniño coa U.D.C. Narahío.
Un lance que seguramente sexa intenso pola rivalidade histórica que existe entre os dous equipos locais, que volverán atoparse na liga esta temporada tralo ascenso do C.F. San Sadurniño á segunda autonómica.
O segundo partido enfrontará ao perdedor do San Sadurniño-Narahío coa S.D.C. Capela, un dos equipos que máis xente arrastra canda si cada vez que xoga fóra da casa. Os dos Calzados disputarán, ademais, o terceiro encontro contra o vencedor do xogado ao comezo do triangular.