Home / Cultura / Obradoiro de cantos de Nadal e Apalpador en San Sadurniño

Obradoiro de cantos de Nadal e Apalpador en San Sadurniño

FERROL360 | Domingo 27 decembro 2015 | 12:57

A Asociación de Veciños O Castelo organiza en Naraío un obradoiro de Cantos de Nadal este domingo coa participación das escolas de música tradicional, onde as persoas asistentes terán que preparar no momento varias panxoliñas co seu apoio instrumental.

A actividade comeza ás 18:00 horas coa práctica dos clásicos do Nadal galego Vinde galeguiños vinde, Con un sombreiro de palla, O Pendello e outros. Quen teña un instrumento pode levalo, entendendo por instrumentos a gaita, a pandeireta, o bombo, o tambor… pero tamén a botella de anís ou a lata do pementón. A asociación repartirá as letras de todas as panxoliñas para que a xente poida cantalas.

Ás 19:30 horas tamén pasará por Naraío o Apalpador -seguramente na súa ruta de volta ao Courel- e a asociación ofreceranos unha chocolatada trala que se porá en práctica o aprendido durante a tarde.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies