Home / Sociedad / Campus / Obradoiro de programación de robots e videoxogos para mozos no campus de Ferrol

Obradoiro de programación de robots e videoxogos para mozos no campus de Ferrol

FERROL360 | Xoves 4 xuño 2015 | 15:07

Coñecer que hai detrás de xogos como Lego e Minecraft para aprender tecnoloxía xogando é o obxectivo do Taller Tecnolóxico que impartirá o profesor da Escola Politécnica Superior Francisco Bellas entre os días 13 e 24 de xullo no campus de Ferrol. Este obradoiro está destinado a mozos de 9 a 16 anos.

Os contidos básicos do mesmo son programación en Scratch e Minecraft, robótica con Lego Mindstorms e mOway, iniciación á enxeñaría con Lego Wedo e Arduino e algunha outra sorpresa. A idea é que os mozos aprendan de forma lúdica, fomentando valores como o traballo en equipo e a creatividade, así como a resolución de problemas e a innovación.

A metodoloxía didáctica baséase nun enfoque orientado ao proxecto, é dicir, o profesorado propón retos aos equipos de 4-5 alumnos, que deberán resolver de forma autónoma propoñendo solucións orixinais e confrontando ideas entre eles. O proceso de resolución do problema estará guiado polos docentes co obxectivo de fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía na xente nova.

Poderán participar nesta iniciativa todos os interesados, sexan ou non da comunidade universitaria, que se inscriban entre o 4 e o 24 de xuño. O obradoiro terá lugar no Edificio de Talleres Tecnolóxicos do campus de Ferrol, en horario de 09:00 a 14:00 horas. O prezo é de 135 euros para os fillos do persoal da Universidade da Coruña e de 150 euros para o resto.

Máis información aquí.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies