FERROL360 | Mércores 28 decembro 2016 | 12:35
O Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos Sociais, propón a nenos e nenas tomar parte este venres nunha actividade de ocio didáctico. Un obradoiro de xogos e xoguetes en galego que se celebrará a partir das 17:00 horas no local social de As Viñas.
Vai dirixido a peques de entre dous e dez anos. Así, os interesados en asistir á actividade deben formalizar a súa inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais, ben de forma presencial na casa consistorial, ben enviando un correo ó enderezo servizos.sociais@cabanas.gal ou chamando ó teléfono 981 49 59 59 ext. 6.
A actividade está organizada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, na que participa o Concello.