Home / Ferrol / Ferrol / Obradoiro gratuíto de adornos do Nadal na Aula de Ecoloxía Urbana

Obradoiro gratuíto de adornos do Nadal na Aula de Ecoloxía Urbana

FERROL360 | Mércores 25 novembro 2015 | 13:44

Os vindeiros 5 e 6 de decembro a Aula de Ecoloxía Urbana levará a cabo un obradoiro gratuíto de adornos de Nadal. Os participantes aprenderán a facer os seus propios adornos con papel e madeira, fuxindo do consumismo excesivo destas datas.

A actividade impartirase na aula, sita no Cantón de Molíns, en horario de 16:15 a 17:45, e neste caso está aberta á participación de adultos. Aínda que o obradoiro é de balde, os interesados deberán aportar unha serie de materiais.

Son os seguintes: barra de pegamento, cola branca de madeira e papel, revistas para tirar e un pao estreito e longo para facer roliños coas páxinas.

Os interesados en participar deben anotarse antes do 3 de decembro na seguinte dirección: aeuferrol@mundo-r.com ou no teléfono 981.944.222, en contacto con algunhas das tres educadoras da aula.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*