Home / Eume / As Pontes / Obradoiro gratuíto de break dance para mozos en As Pontes

Obradoiro gratuíto de break dance para mozos en As Pontes

FERROL360 | Martes 10 febreiro 2015 | 15:03

Este xoves arranca o novo programa lúdico para os máis novos do Concello de As Pontes. Un programa que está centrado na cultura urbana e máis concretamente no break dance. Así, nos vindeiros tres meses desenvolverase un curso desta disciplina de baile.

A entidade noiense Vella Escola será a encargada de desenvolver este taller gratuíto e que contará cun máximo de 45 prazas. Trátase dunha oportunidade única de aprender cunha das asociacións máis importantes en Galicia adicada á cultura urbana e con múltiples programas de formación.

Varios monitores desta escola serán os encargados de impartir estas clases semanais de tres horas, entre as 17:00 e as 20:00 horas, nas dependencias da Casa Dopeso.

Os interesados en participar deben ter máis de 6 anos e teñen que inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, ubicada no primeiro andar da Casa Dopeso, ou ben no teléfono 981 44 03 44. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Publicidad

san valentín en dolce vita odeon

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies