Home / Ferrol / Ferrol / Obradoiros de doces e agasallos de Nadal este sábado no antigo Hospicio

Obradoiros de doces e agasallos de Nadal este sábado no antigo Hospicio

FERROL360 | Mércores 16 decembro 2015 | 17:38

A Concellería de Participación de Ferrol organiza un obradoiro de doces de Nadal para maiores e outro de agasallos para os máis pequenos este sábado. Os obradoiros son de balde e levaranse a cabo no antigo Hospicio de Amboaxe. As prazas son limitadas e hai que inscribirse no número: 650.173.205.

Os peques aprenderán a realizar agasallos de Nadal con arxila máxica, que non mancha e é lixeira e suave. Poderán participar nenos de entre 3 e 10 anos e hai 30 prazas. A actividade será este sábado de 12:00 a 13:30 horas.

Pola tarde, en horario de 16:00 a 18:30 horas, terá lugar o obradoiro de doces de Nadal para maiores de 16 anos. Hai 15 prazas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies