Home / Ferrol / Ferrol / Obradoiros, produtos artesáns e ecolóxicos, no VII Nadal Solidario

Obradoiros, produtos artesáns e ecolóxicos, no VII Nadal Solidario

FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 14:57

Artesanía en coiro, roupa para nenos, bisutería, produtos ecolóxicos, obradoiros participativos e demostrativos, son algunhas das propostas que podemos atopar na VII edición do Nadal Solidario de Ferrol.

Esta Feria de artesáns e agricultura ecolóxica está situada nunha carpa no Cantón de Molíns ata o vindeiro 5 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, pechando o día 25 de decembro e o 1 de xaneiro.

A Asociación de artesáns Artefeito Caseiro en colaboración co Concello de Ferrol, organizan esta iniciativa que ten como obxetivo achegar á poboación unha alternativa na que praticar nun consumo conscente e responsable nas datas do Nadal. E é que o 7 % das vendas dos artesáns iran destinadas a un poxecto social elixido polo Concello.

Ademais da feira, tamén haberá diferente obradoiros participativos e demostrativos para aprender a realizar bonecas ambientador, pendentes de ganchillo, tarxetas de Nadal e bálsamo de beizos natural, entre outros.

obradoiros

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies