FERROL360 | Luns 5 decembro 2016 | 9:40
A empresa concesionaria do servizo da auga en Fene, Viaqua, está levando a cabo estes días as obras de substitución das canalizacións do abastecemento de auga potable na rúa Riveiroa, en Barallobre, para poñer aos continuos cortes de auga na zona.
O obxectivo desta actuación é «cortar de raíz as contínuas roturas nas tubaxes que provocaron cortes no servizo e numerosas queixas veciñais», segundo explican desde o Concello de Fene. Ademais, unha vez finalicen as obras de Viaqua a Deputación aglomerará o tramo de rúa que tamén require unha reparación urxente.
A previsión é iniciar a reparación da estrada tan pronto como remate a reposición do sistema de abastecemento. Unha actuación que o organismo provincial ten enmarcada no plan de conservación e mellora da súa rede viaria para este 2016, cun investimento superior aos 8.000 euros.
Por mor destas actuacións a rúa permanecerá cortada ao tráfico.