Home / Cultura / Obús e Miguel Costas protagonizan o cartel do XIII FeneRock, que arranca este venres

Obús e Miguel Costas protagonizan o cartel do XIII FeneRock, que arranca este venres

FERROL360 | Xoves 10 setembro 2015 | 18:04

Os máis rockeiros da comarca teñen unha cita este venres e sábado co XIII FeneRock, que se celebrará no paseo marítimo de San Valentin. Obús e Miguel Costas protagonizan o cartel do festival no que participarán un total de dez grupos. Se o tempo non acompaña non hai problema, porque a cita desenvolverase baixo carpa e hai que lembrar que a entrada é libre.

A música comezará a sonar este venres da man dos feneses Superglú, a banda feminina de Boiro: Agoraphobia; de San Sadurniño participarán Sandford Music Factory e o humor e o rock galego están asegurados co guitarrista de Herdeiros da Crus: Recambios Tucho. Para finalizar a primeira xornada: Obús, co mediático cantante, Fortu Sánchez.

O sábado subirase ao escenario para a sesión vermú Rasmus Adaticilos, ou o que é o mesmo, Fede, un veciño da zona que será o encargado de abrir a xornada. Xa pola noite tocaralle o turno a Barrok, unha banda de Ares nacida nos 90 que retornan precisamente no FeneRock 2015.

Continuarán os ferroláns, Polisong, influenciados polos clásicos do rock dos 70 e cun potente directo. Os vigueses Moon Cresta, con tintes de rock e funky. E pecha Miguel Costas, ex de Siniestro Total e Aerolineas Federales, que presentará novo disco.

A organización agarda manter a afluencia de público da pasada edición, que situose nos 10.000 asistentes.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies