Home / Sociedad / Tendencias / Gastronomía / Oito establecementos de hostalería de Narón participan na II Xornadas da Anguía

Oito establecementos de hostalería de Narón participan na II Xornadas da Anguía

Prato de anguía (foto: Club Narón Gastronómico)
Prato de anguía (foto: Club Narón Gastronómico)

FERROL360 | Sábado 20 outubro 2018 | 12:46

Un total de oito locais de hostalería de Narón participan na segunda edición das Xornadas da Anguía, organizadas polo Club Narón Gastronómico. A cita terá lugar durante este sábado e domingo e tamén durante a vindeira fin de semana, dende o 26 ao 28 de outubro.

Participan nesta iniciativa os locais Anacos, A Roldana, A Trasanquesa, Gastrobar Piñeiros, o Hotel Valcarce, Mamá Flora, Nueva Orleáns e o Restaurante Marcial. Todos servirán un menú cun plato coa anguía coa ingrediente principal.

Deste xeito, os amantes deste particular peixe poderán probalo nestas datas, aínda que tamén se deixa a porta aberta a que os hostaleiros amplíen, pola súa conta, as datas nas que o servirán no seu menú.

A maiores desta proposta, o vindeiro 8 de novembro terá lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura a presentación do proxecto Anguía do Xuvia, a partires das 19:00 horas, con degustación incluída.

Así, e ata completar aforo, poden acudir todas as persoas interesadas en coñecer un pouco máis das posibilidades gastronómicas deste producto.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies