Home / Eume / As Pontes / Once proxectos emprendedores benefícianse das axudas do programa As Pontes Emprende

Once proxectos emprendedores benefícianse das axudas do programa As Pontes Emprende

FERROL360 | Domingo 29 novembro 2015 | 18:58

Once emprendedores de As Pontes recibiron este sábado as axudas municipais da primeira edición do programa As Pontes Emprende, das Concellerías de Industria e Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego.

Este programa está dirixido a botar unha man a aqueles emprendedores que apostaron, neste último ano, por poñer en marcha un negocio no concello de As Pontes, e que contou cun orzamento de 60.000 euros.

Os negocio abarcan sectores tan diferentes coma a hostalería, a beleza e estética, o comercio, os alimentos gourmet, a ensinanza de idiomas ou os estudos sociais. O programa constou de dúas liñas de axuda: Impúlsate, dotada cun máximo de 2.000 euros para gastos de alugueiro, e o Instálate con ata mil euros para a adquisición de material ou obras de mellora do local.

Dúas liñas de axuda compatibles e das que se beneficiaron os establecementos que participaron, ata o pasado mes de setembro, na solicitude deste paquete de achegas a fondo perdido para as que o goberno municipal destinou un total de 60.000 euros.

No tocante aos sectores, no ramo da hostalería, lograron estas axudas o Bar Zodiako, o Mesón Mercado Vello, Cotio S.C e Bar Porche. Con respecto ao comercio, tamén se fixeron cunha axuda deste programa as tendas de confección Bistt e El Baul.

No sector da ensinanza, a academia You can school tamén se acolleu a estas axudas e no ámbito da beleza e perfumería resultaron beneficiados os negocios Estética e SBC Perfumería. Completaron o listado de adxudicatarios Consultoría Víctor, adicada aos estudos sociais, e o negocio NGGourmet de produción de alimentos gourmet.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies