Home / Sociedad / Naturaleza / Ortigueira adquire tres vehículos para a protección de espazos naturais a través do Fondo de Compensación Ambiental

Ortigueira adquire tres vehículos para a protección de espazos naturais a través do Fondo de Compensación Ambiental

FERROL360 | Luns 3 abril 2017 | 11:00

O concello de Ortigueira recibiu máis de 184.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, que investiu na adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural no seu concello.

En concreto, dispón dun tractor dotado de desbrozadora de brazo e de rozadora de cadea; dun vehículo para transporte de tractoristas, peóns e equipos; e dunha máquina limpapraias accionada por tractor. O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

Mantén unha liña de axudas non competitivas que permite a todos os concellos da provincia beneficiarse directamente das explotacións eólicas situadas no seu territorio. Están destinadas a sufragar actuacións propostas polos concellos que inciden directa ou indirectamente en labores de melloras medioambientais.

Así mesmo supón unha importante contribución ás facendas locais, xa que hai unha liña exclusiva de axudas non competitivas, que benefician a todos os municipios que contan con instalacións eólicas.

Estas axudas impulsan a dotación de medios materiais e humanos para a conservación ambiental, ou ben proxectos en ámbitos como a mellora do saneamento e depuración de augas residuais, abastecemento dos subministros de auga potable, eficiencia enerxética ou recuperación de espazos naturais, entre outras moitas actuacións.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies